Aleksandr Baranov
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Aleksandr Andreevich Baranov (en ruso: Александр Андреевич Баранов), nado en Kargopol en 1746 e finado en Batavia en 1819, foi un explorador e comerciante ruso.
Aleksandr Baranov | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de novembro de 1747 |
Lugar de nacemento | Kargopol |
Falecemento | 16 de abril de 1819 |
Lugar de falecemento | Xava |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Ocupación | explorador, político, empresario e comerciante |
Premios | Order of Saint Anna, 2nd class |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Baranov escapou da casa aos quince anos e converteuse nun comerciante de éxito en Irkutsk. Interesado na Rusia americana (agora Alasca) polo aumento do comercio nesa rexión, estableceuse alí. Entre 1799 e 1818 foi o director da Compañía Ruso-Americana, favoreceu a expansión rusa no Pacífico, internándose por California.
Preocupado polos nativos abriu escolas, pero entrou en conflito cos misioneiros ortodoxos, que frecuentemente denunciaban a explotación dos nativos polos comerciantes de peles. Morreu durante a viaxe que o levaba de volta á Rusia.