Alejo Indias
Alejo Indias Álvarez, coñecido no mundo do fútbol como Alejo, nado en Don Benito (Badaxoz) o 14 de outubro de 1966, é un exfutbolista catalán de orixe estremeña, que xogaba de defensa.
Alejo Indias | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 14 de outubro de 1966 | ||
Lugar de nacemento | Don Benito | ||
Posición | defensa | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, e en 1989 marchou á UE Figueres, chegando a xogar a promoción de ascenso a primeira división en 1992. Ese verán fichou polo Real Club Celta, onde estivo até 1997. En abril de 1994 marrou o penalti definitivo na quenda da final da Copa do Rei que xogaron o Celta e o Real Zaragoza no Estadio Vicente Calderón. Despois fichou polo Elche Club de Fútbol. Retirouse do fútbol profesional en 2001, xogando algunha tempada máis no Sant Andreu de la Barca, de 2ª rexional catalá. Despois foi adestrador do mesmo equipo, e actualmente é coordinador das categorías inferiores.
Xogou varios partidos coa selección de Cataluña.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha en Yo jugué en el Celta (en castelán).
- "También es un orgullo que se me recuerde por fallar aquel penalti", entrevista en celestes.org (en castelán).