Alejandro Rodríguez Cobelas

avogado, xornalista e político galego

Alejandro Rodríguez Cobelas, finado en Ourense o 8 de novembro de 1933,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaAlejandro Rodríguez Cobelas
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Morte8 de novembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAlejandro Rodríguez Veiras Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Procurador dos tribunais en Ourense. Foi redactor de El Derecho e correspondente en Ourense de La Revista Popular.[2] Militante do Partido Conservador, foi concelleiro de Ourense dende 1904, cidade da que chegou a ser alcalde. Foi presidente da Sociedad Artística de Ourense (1914),[3] presidente honorario da Sociedad Deportiva Victoria creada en 1920, presidente do coro galego Os Enxebres (1919-1921 e 1927)[4] e do orfeón Unión Orensana (1926).[5]

Vida persoal

editar

Casou con Carmen Veiras Carballo en 1892,[6] e foi pai de Felisa, Alejandro e María del Carmen Rodríguez Veiras.

  1. Necrolóxica en La Zarpa 9-11-1933, p. 3.
  2. La Revista Popular, 1-10-1904, p. 16.
  3. Noticiero de Vigo, 30-12-1914, p. 1,
  4. La Zarpa, 10-8-1927, p. 1.
  5. El Progreso, 17-8-1926, p. 3.
  6. El Eco de Galicia, 21-7-1892, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar