Alegoría do barco

Alegoría do barco ou alegoría do navío,[1] [2] tamén coñecida como a nave do estado, é unha alegoría filosófico-política narrada no Libro VI da República, de Platón, na que Sócrates utiliza un hipotético barco, conducido por unha tripulación disfuncional, para representar os problemas de goberno dun sistema político non baseado no coñecemento. Para Sócrates, o filósofo é o único que coñece a verdade e, polo tanto, é o que estaría máis proclive a gobernar con sabedoría. Retrata a polis grega como multiforme —composta por aristocracia, oligarquía e democracia—, que requiriría a presenza dun filósofo para ordenala, xa que toda forma humana de goberno, inicialmente positiva, acaba caendo na corrupción. Ademais, os gobernos sempre desprezaron aos filósofos e sempre provocaron que os ignorantes os odiasen e se burlasen deles, preferindo a escravitude. Estes principios son establecidos por Sócrates na alegoría do barco, na que o temoneiro é un ancián cego e sabio, e o temón é disputado constantemente entre os homes a bordo que queren dirixir o barco.

Sócrates responde ás obxeccións de Adeimanto ao goberno da polis (é dicir, da cidade-estado) por parte dos filósofos ao describir unha situación na que o individuo que dirixe un barco non ten coñecemento do oficio. Todo o mundo alí come e bebe até que se enche; réxense polo pracer e non polo coñecemento; consideran inútil o verdadeiro piloto, que pensa necesario ter en conta as estacións, as condicións meteorolóxicas, o movemento dos astros, etc., para poder dirixir a embarcación correctamente (488a-489a).[3] :283 Nun barco coma este, afirma Sócrates, os filósofos son certamente inútiles, pero non son responsables del, xa que sería natural que os homes que necesitan goberno vaian á procura dos que teñen capacidade para facelo (489b-c). ). [3] :284

A alegoría do barco ilustra dous tipos posíbeis e distintos de goberno da polis, a saber: o goberno xusto dos filósofos e o goberno inxusto dos sofistas.[4] O primeiro sería o de Calípolis, no que o gobernante se guía polo coñecemento, mentres que o segundo estaría centrado no pracer.

O uso da comparación entre o goberno dun Estado e o mando dun barco xa estaba presente nos versos de Arquíloco de Paros, Alceo, Solón, Esquilo e Eveno.[5]

  1. KOHAN, Walter Omar. Infância e educação em Platão. São Paulo: Revista Educação e Pesquisa – USP, vol. 29, nº. 01, pp. 23-24: 2003.
  2. Alegoria do navio de Platão Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine. frasesemusicas.com.br (en portugués)
  3. 3,0 3,1 "Notar; Platão" (PDF). aedmoodle.ufpa.br (en portugués). Consultado o 2022-12-24. 
  4. No Teeteto, Sócrates observa que, ainda que os filósofos poidan parecer inúteis, eles foran criados como homes libres, mentres os hábeis retóricos (referíndose aos sofistas) foram criados como escravos. De almas pequenas e non rectas, serian servos do tempo e dos seus discursos (172c-173b).
  5. Corrêa, Paula da Cunha (2016). «The 'Ship of Fools' in Euenos 8b and Plato's Republic 488a–489a». In: Swift, Laura; Carey, Christopher. Iambus and Elegy: New Approaches (em inglês). [S.l.]: Oxford University Press

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.