Aldraxe á bandeira

diferentes actos de ofensa a unha bandeira, polo xeral a dun estado ou país

Unha aldraxe á bandeira[1] é a profanación dunha bandeira, a violación do protocolo da bandeira ou varios actos que destrúen, danan ou mutilan intencionalmente unha bandeira en público. No caso dunha bandeira nacional, tal acción adoita estar destinada a facer unha acción política contra un país ou as súas políticas. Algúns países teñen leis que prohiben métodos de destrución (como queimar en público) ou que prohíben usos particulares (como con fins comerciais); tales leis poden distinguir entre a profanación da bandeira nacional do propio país e as bandeiras doutros países.

Queima da bandeira dos Estados Unidos de América.
Un mapa de países cunha prohibición de aldraxe á bandeira, ano 2022.

Contexto editar

As accións que poden ser tratadas como profanación dunha bandeira inclúen queimala (queima de bandeira),[2] ouriñar, defecar ou execular sobre ela, desfigurala con slogans,[2] pisala, danala con pedras, balas ou calquera outro proxectil, cortala ou arrincala,[2] ondeala de maneira incorrecta, insultala verbalmente, arrastrala polo chan,[3] ou comela, entre outras cousas.[4]

A aldraxe dunha bandeira pode levarse a cabo por varias razóns. Pode ser unha protesta contra a política exterior dun país, incluída a propia, ou contra a natureza do goberno. Pode ser unha protesta contra o nacionalismo ou un insulto deliberado e simbólico á xente do país representada pola bandeira. Tamén pode ser unha protesta polas propias leis que prohiben o acto de profanar unha bandeira.

Queimar ou desfigurar unha bandeira é un delito nalgúns países. Nos países onde non o é, o acto aínda pode ser procesado como conduta desordenada, incendio premeditado ou, se se realiza en propiedade doutra persoa, como roubo ou vandalismo.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aldraxe.
  2. 2,0 2,1 2,2 Charney, Evan (2009). Roger Chapman, ed. Culture Wars: An Encyclopedia of Issues, Voices, and Viewpoints (Vol 1 ed.). M.E. Sharpe. p. 180. ISBN 978-0-7656-1761-3. 
  3. Welch, Michael (2000). Flag Burning: Moral Panic and the Criminalization of Protest. Aldine Transaction. p. 6. 
  4. "South Korea's dramatic protesters are ready for global spotlight". The Los Angeles Times. 10 de novembro de 2010.