Alberto Romar Landeira
empresario e político galego
(Redirección desde «Alberto Romar»)
Alberto Romar Landeira, nado en Santa Comba o 27 de xullo de 1990, é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1990 (33 anos) Santa Comba, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Traxectoria editar
Empresario no sector do lecer infantil. Foi presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba dende xullo de 2020 ata outubro de 2022. Nese último mes foi presentado como candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santa Comba[1] para as eleccións municipais de 2023. En dita convocatoria electoral logrou a maioría absoluta e foi elixido alcalde[2].
Predecesor: María Josefa Pose Rodríguez |
Alcalde de Santa Comba 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |