Alberto Campillo García

futbolista galego

Alberto Campillo García, nado en Vigo o 13 de marzo de 1988, é un futbolista galego. Xoga de defensa no Arousa

Alberto Campillo
Información persoal
Nome Alberto Campillo García
Nacemento 13 de marzo de 1988 (36 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,75 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Arousa
Número 5
Carreira xuvenil
Colexio Hogar
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2010 Celta B 76 (0)
2010–2011 Rápido de Bouzas
2011–2014 Ourense 82 (3)
2014–2016 Pontevedra CF 65 (6)
2016–2018 Coruxo FC 58 (2)
2018–2020 Pontevedra CF 33 (1)
2020– Arousa 53 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de decembro de 2021
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar no Colexio Hogar, de Vigo, pero pronto entrou nas categorías inferiores do Celta de Vigo baixo as ordes de Javier Maté. Nestes anos foi internacional coa Selección de fútbol de España sub-16 e sub-17.

Na tempada 2004–05 debutou co Celta de Vigo B en Segunda División B, ante o Real Madrid Castilla con só 16 anos.

Co primeiro equipo acabado de descender a Segunda División na pretempada do curso 2007–08 foi convocado polo adestrador, Hristo Stoichkov, para xogar un amigábel o 12 de agosto de 2007, con 19 anos de idade.

Co Celta de Vigo tería outras dúas oportunidades en amigábeis, primeiro ese mesmo 2007 ante o Porriño Industrial e en 2010 ante o Cultural Areas baixo a dirección de Eusebio Sacristán.

Ese mesmo ano 2010 deixou de pertencer ao Celta de Vigo e fichou polo Rápido de Bouzas. Pouco despois fichou polo CD Ourense.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar