Alberte Permuy
deseñador español
Alberte Permuy Martínez, nado en Fene o 8 de xullo de 1955, é un deseñador gráfico galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1955 (69 anos) Fene, España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador |
Formouse como deseñador en Barcelona, e dende 1983 traballa nesa profesión en Santiago de Compostela. Entre as súas obras destaca Xubi, a mascota do Xacobeo dende 2010 ou identidades corporativas para a Xunta de Galicia, o concello de Santiago, entre outros. A súa obra expúxose en colectivas de deseño gráfico en Lisboa, Atenas, Xangai, Beixín, o MARCO de Vigo ou o Raíña Sofía madrileño.
Deseños
editar-
Logo do concello de Santiago (1988).
-
Logo do Auditorio de Galicia (1989).
-
Logo da Xunta de Galicia (2002).
-
Logo de Galinux (2008).
Notas
editar- ↑ "Enciclopedia Galega Universal". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Paniagua, Ángel (24.8.2008). "Detrás de los símbolos de siempre". La Voz de Galicia (en castelán).