Albert de Giussan
Albert de Giussan foi un lendario guerreiro güelfo italiano que loitou durante as guerras da liga Lombarda contra Frederico Barbarroxa no século XII.
Historia e características
editarUnha tradición tardía, probablemente inventada polos cronistas de Milán do século XIV, atribúenlle o feito de formar a "Compañía da Morte" (Lema: Morte por liberdade), compañía de elite da cabalaría lombarda que defendeu o Carroccio (especie de carro ou altar de guerra das cidades-estado italianas onde portaban o seu estandarte) da liga na batalla de Legnano o 29 de maio de 1176 contra o exército imperial xermano de Frederico Barbarroxa.
A primeira cita histórica do seu nome foi en 1196. Crese que puido ser en realidade alcalde, notaro (notario) ou funcionario público. Esta crenza é reforzada pola súa orixe (Giussan) nun contexto lombardo, onde os funcionarios públicos eran orixinarios doutras cidades para evitar "conflitos de intereses".
Actualidade
editar- O partido político italiano da liga Norte fai uso do seu mito. Desde 1989, o emblema electoral do partido utiliza unha imaxe inspirada na estatua de Alberto que se erixiu en Legnano en 1900. Así mesmo, a Brigada de Infantaría "Legnano" do exército italiano utiliza a imaxe desta estatua como símbolo.
- O personaxe de Albert de Giussan é o protagonista da película de Renzo Martinelli de 2009, Barbarossa, onde é interpretado polo actor Raz Degan.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Troisi, Francesco (2010). "Quel 29 Maggio del 1176". Medioevo: 18–29.