Albert Oehlen

artista alemán

Albert Oehlen, nado en Krefeld, Renania do Norte-Westfalia, o 17 de setembro de 1954, é un artista alemán contemporáneo.

Infotaula de personaAlbert Oehlen
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Krefeld, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Belas Artes de Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Alemaña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , profesor universitario , gravador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorKunstakademie Düsseldorf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNew European Painting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoArte contemporánea Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteSkarstedt Gallery (en) Traducir, Galerie Gisela Capitain (en) Traducir e Gagosian Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAdolf Oehlen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarkus Oehlen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Discogs: 147821 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Oehlen estudou con Sigmar Polke en Hamburgo nos anos setenta. Formouse na Escola Superior de Belas Artes desa cidade entre 1978 e 1981. Recibiu formación como publicista. Apareceu na escena da arte contemporánea a principios dos oitenta dentro dunha xeración de artistas como Martin Kippenberger, Georg Herold e Werner Büttner, especialmente críticos coa ideoloxía dominante da súa época. Está intimamente asociado coa atmosfera artística de Colonia. Foi membro da Lord Jim Lodge xunto con Martin Kippenberger, entre outros.

Oehlen mostrou a súa obra en moitas exposicións internacionais.

Actualmente vive entre Colonia e Segovia. É irmán do artista Markus Oehlen.

Obra editar

A súa obra forma parte do movemento neoexpresionista alemán, chamado Neue Wilde. As súas primeiras obras son grandes lenzos. Neles exerceu unha forte crítica social. A súa obra, como a do seu irmán Markus, Büttner ou Kippenberger, ten unha certa agresividade que o afasta da utopía política.

Máis tarde evolucionou cara á abstracción, pintando os primeiros cadros abstractos a finais dos anos oitenta. Nalgunhas das súas pinturas pinta temas figurativos sobre fotografías. Tamén realizou pinturas deseñadas por ordenador.[1]

Notas editar

  1. "Albert Oehlen". Gagosian (en inglés). 2018-04-12. Consultado o 2024-04-22.