Alba gu bràth (pronunciado ˈal̪ˠapə kə ˈpɾaːx Albagubrath.ogg listen ) é unha frase en gaélico escocés usada para expresar lealdade cara a Escocia. Traducida ó galego significa "Escocia por sempre", malia que no senso literal, gu bràth tradúcese como 'ata o xuízo'.[1] A frase é utilizada como slogan político na campaña pola independencia de Escocia.

Bandeira de Escocia co lema Alba gu bràth.

Formas alternativas

editar

Existen outras formas non correctas de pronuncialo, en parte por mor das semellanzas co slogan irlandés Erin go bragh ("Irlanda por sempre"). Por exemplo: Alba go bragh, Alba gu bra, Alba go breá.

editar

No filme de 1995 Braveheart, o patriota escocés e heroe nacional William Wallace (interpretado por Mel Gibson) berra "Alba gu bràth" a cabalo fronte as tropas escocesas xusto antes da Batalla da ponte de Stirling.

  1. "Am Faclair Beag". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar