Alachis I de Brescia
Alachis I de Brescia (morto sobre o 573) foi o primeiro duque longobardo de Brescia.
Traxectoria editar
Son poucas as noticias sobre a súa figura: Malvezzi[1] sostén que fixo restaurar as murallas romanas e que se lle atribuía a construción da Curia Ducis. Chamárono á latina vir prudens, isto é, o Sabio, co mérito de se ter empeñado na paz e o benestar da cidade; morreu de morte cristiá.
Notas editar
- ↑ J. Malvecii [= Giacomo Malvezzi, m. ca. 1454], Chronicon Brixianum ab origine urbis usque ad annum MCCCXXXII, in Rerum Italicarum Scriptores, XIV, Milán 1729, 776-1004
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán,1992).