Akihiko Hoshide

astronauta xaponés

Akihiko Hoshide (星出 彰彦 Hoshide Akihiko?), nado en Setagaya, Toquio o 28 de decembro de 1968, é un enxeñeiro e astronauta xaponés da JAXA. O 30 de agosto de 2012, Hoshide converteuse no terceiro astronauta xaponés en camiñar no espazo.[1]

Infotaula de personaAkihiko Hoshide

Hoshide no 2012
Nome orixinal(ja) 星出彰彦 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1968 (55 anos)
Setagaya, Toquio, Xapón
Comandante da EEI Expedição 65 (pt) Traducir
2 de maio de 2021 – 4 de outubro de 2021
← Shannon WalkerThomas Pesquet → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXaponés
EducaciónUniversidade de Houston
Meikei Gakuen Junior and Senior High School (en) Traducir
Universidade Keio (pt) Traducir
United World College of South East Asia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónAstronauta, enxeñeiro
EmpregadorNASDA
Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo340 días, 11 horas e 10 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta

Twitter: Aki_Hoshide WikiTree: 星出-1 Editar o valor em Wikidata

Carreira de astronauta editar

 
Hoshide tirando unha foto no espazo nunha actividade extravehicular (EVA) o 5 de setembro de 2012, co Sol nas costas.

En febreiro de 1999, Hoshide foi seleccionado pola NASDA (hoxe JAXA) como un dos tres astronautas xaponeses candidatos da Estación Espacial Internacional (EEI). Comezou o programa de adestramento básico da EEI en abril de 1999 e converteuse en astronauta en xaneiro de 2001. Dende abril de 2001, participou no adestramento avanzado da EEI, e ademais colaborou no desenvolvemento do sistema de hardware do Módulo Experimental Xaponés Kibō e no vehículo de transferencia H-II (VTH).

En maio de 2004, completou o seu adestramento como enxeñeiro de voo da Soiuz-TMA no Centro de Adestramento de Cosmonautas Iuri Gagarin en Star City, Rusia, e despois trasladouse ó Centro Espacial Lyndon B. Johnson. Asemade, completou o adestramento de candidato a astronauta da NASA e foi asignado á tripulación do STS-124, o segundo dos tres voos que lanzaron compoñentes á Estación Espacial Internacional para completar o laboratorio Kibō en maio de 2008.

Despois de regresar á Terra STS-124, Hoshide dedicouse a dar charlas a estudantes sobre a súa misión espacial. Visitou colexios como o Assumption St. Bridget School e o Instituto Thomas Jefferson de Ciencia e Tecnoloxía.

Posteriormente volvería á Estación Espacial Internacional o 15 de xullo de 2012 na Soiuz TMA-05M. Durante a súa estadía, gravou a primeira actuación de voz no espazo para un cameo no episodio 31 da serie de animación Space Brothers, que se estreou o 4 de novembro de 2012.[2][3]

O seu selfie espacial de 2012 converteuse no máis famoso dos listados no 2013.[4][5]

Notas editar

  1. William Harwood (30 de agosto de 2012). "Spacewalkers run into major snag replacing power unit". Spaceflight Now. Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  2. "Astronaut Hoshide to Record Space Brothers Cameo from Space". Anime News Network. 14 de xullo de 2012. Consultado o 30 de agosto de 2012. 
  3. "Astronaut Successfully Dubs Space Brothers Anime From Space". Anime News Network. 8 de outubro de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2012. 
  4. "Seven of the best selfies you will see today: As selfie is named word of the year, we round up seven of the best". Metro. 19 de decembro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  5. "Obama caught snapping 'funeral selfie': Craziest selfies of all time". NY Daily News. Consultado o 27 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar