Aketx
A Illa de Aketx, (Aketx Uhartea, en éuscaro) é unha illa española situada na contorna do cabo Matxitxako, en Bermeo (Biscaia). Ten tres hectáreas e trátase dunha mole pétrea con escasa vexetación e aparencia de penedo, case inabordable. É un santuario de cría de aves mariñas. Está xunto á península de Gaztelugatxe, pero esta é máis baixa.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Isla_Aketz.jpg/200px-Isla_Aketz.jpg)