Aitor Urresti
Aitor Urresti González, nado en Bilbao o 15 de xaneiro de 1975, é un enxeñeiro industrial e político vasco de Equo, partido polo que foi candidato á lehendakaritza nas Eleccións ó Parlamento Vasco de 2012. Foi coportavoz de Equo Euskadi e dende novembro de 2014 é membro da Comisión Executiva Federal de Equo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1975 (49 anos) Bilbao, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Ocupación | político |
Empregador | Universidade do País Vasco |
Partido político | Verdes Equo |
Lingua | Lingua castelá |
Actividade profesional
editarEnxeñeiro industrial especializado en enerxías renovables, traballa como profesor na Universidade do País Vasco e investiga o almacenamento de calor mediante materiais de cambio de fase para a integración da enerxía solar na edificación e a industria.[1][2]
Activismo social
editarParticipou en agrupacións sociais de distinto ámbito: democracia participativa, dereitos humanos, pacificación, débeda externa, cooperación, etc. Recentemente formou parte de “Fracking EZ Araba” e representa a Equo na asemblea antifracking de Bilbao chamada “Fracking EZ Bizkaia”.[2] Estas plataformas están organizadas co propósito de que non se empregue o sistema de fractura hidráulica para a obtención de gas no País Vasco polos danos que provoca ó subsolo e ós acuíferos.[3]
Notas
editar- ↑ "Grupo de Investigación Energética de la Universidad del País Vasco". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2011. Consultado o 05 de decembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Aitor Urresti será el candidato de EQUO a las elecciones autonómicas de Euskadi". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 05 de decembro de 2016.
- ↑ "Manifiesto de Fracking EZ Áraba". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Blog de Aitor Urresti Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Ficha de Aitor Urresti na Universidade do País Vasco
- Equo Euskadi
- Equo Arabaarquivada dende o orixinalArquivado 19 de maio de 2014 en Wayback Machine. o 19 de maio de 2014 (en castelán)