Aitor Díaz Chan

futbolista español

Aitor Díaz Chan, nado en Marín o 16 de abril de 1986, é un futbolista galego. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Alondras CF.

Aitor Díaz
Información persoal
Nome Aitor Díaz Chans
Nacemento 16 de abril de 1986 (38 anos)
Lugar de nacemento Marín
Altura 1,81 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Alondras CF
Carreira xuvenil
Porvir CF
Pontevedra CF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005-2006 Portonovo SD
2006-2007 Pontevedra CF B
2007-2008 Pontevedra CF
2008-2013 CCD Cerceda
2013- CD As Pontes
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas Escolas Deportivas do Porvir CF, onde permaneceu ata ser cadete, cando fichou polo Pontevedra CF. Conseguiu o ascenso á División de Honra na categoría xuvenil, onde ó ano seguinte acadaron a segunda posición. Fixo a pretemporada varias campañas co primeiro equipo, e a súa primeira convocatoria para un partido oficial foi na tempada 2004-2005, indo ó campo do SD Eibar da segunda división.

Na tempada 2005–06 foi cedido ó Portonovo SD, onde fixo unha boa campaña na Terceira División. Interesouse por el o Deportivo da Coruña, pero chegou a un acordo co Murcia CF para adestrar co primeiro equipo e xogar co filial na Segunda B, pero decidiu regresar ó Pontevedra CF pouco despois da súa marcha. Durante a tempada 2006–07 xogou co filial en Rexional Preferente, sendo un dos fixos na defensa e converténdose en capitán do equipo, co que conseguiu o ascenso á terceira división. Na campaña seguinte xa tivo ficha co primeiro equipo.

A comezos da tempada 2008/09 fichou polo CCD Cerceda, onde militou cinco anos, fichando polo CD As Pontes en 2013.

Persoal editar

É fillo de Andrés Díaz, ex xogador do equipo granate.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar