Aidin Aimbetov

astronauta kazajo

Aidin Akanuli Aimbetov, nado en Kolkhoz (Casaquistán) o 27 de xullo de 1972, é un astronauta casaco que formou parte das misións Soiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M.[1]

Aidin Aimbetov
Datos persoais
Nacemento27 de xullo de 1972
Lugarsen etiquetar
Actividade
MisiónsSoiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M
Tempo no espazo9,84 días
PremiosHero of the Kazakhstan, Orde da Patria, medal "for 20 years of Kazakhstan's independence", piloto-cosmonauta de Casaquistán, medal "for impeccable service", sen etiquetar e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aimbetov graduouse en 1993 na Escola Superior de Aviación Pavel Kutakhov en Armavir. Tiña o grao de Maior na Forza Aérea de Casaquistán e era comandante do escuadrón 21751 en Taldi-Kurgan cando foi seleccionado para voar ao espazo como parte dun acordo entre os gobernos ruso e casaco. Participou nas misións Soiuz TMA-16M e Soiuz TMA-18M, pasando un total de 9,83 días no espazo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Aimbetov, Aydyn Akanovich" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar