Aida Nuño Palacio
Aida Nuño Palacio, nada en Hevia, Siero o 24 de novembro de 1983, é unha ciclista española. Considerada como a mellor corredora española de cyclo-cros da historia tras participar no primeiro Campionato do Mundial de Ciclocrós Feminino no 2000 con só 16 anos.[1][2] Posúe 7 campionatos nacionais elite (o primeiro con só 18 anos) e 2 júnior. Conseguiu unha notable 17ª posición no Campionato do Mundial de Ciclocrós 2016 entre outros resultados.[3][4][5]
(2018) | |||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1983 (40 anos) Hevia, España | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista, ciclista de ciclocrós | ||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición Ciclocross | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
2018 | Calendário UCI Feminino de 2018 (pt) (840ª) | ||||||||||||||||||||||
2015 | 2015 in women's road cycling (en) (431ª) |
Traxectoria
editarNo 2014 tivo a oportunidade de debutar como profesional co Lointek (equipo de estrada) .[6] Tras unha boa adaptación a esa nova disciplina (a 2ª mellor do seu equipo na Emakumeen Euskal Bira: 44ª; e 11ª no Campionato de España en Ruta) destacou nas súas primeiras carreiras da tempada 2014-2015 de cyclocross e foi a súa consagración no panorama nacional e internacional.[7][8][9][4][10]
En 2015 conseguiu os seus primeiros puntos UCI na disciplina do ciclismo en ruta ó quedar 13ª no Gran Premio de Plumelec-Morbihan.[11]
En xaneiro do 2018 gañou o Campionato de España de ciclocrós elite disputado en Legazpi (Guipúscoa) nun dos circuítos máis duros celebrados nas últimas edicións.
Tras lograr o seu sétimo título de Campioa de España 2019 en Pontevedra, convértese na única ciclista da historia con sete ouros na máxima categoría.
Notas
editar- ↑ "MMR Factory Racing Team". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 30 de abril de 2019.
- ↑ Campeonato del Mundo, Ciclo-Cross, Elite (V) 2000
- ↑ "Aida Nuño cerca del Top20 en el Mundial de ciclocross". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 30 de abril de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Aida Nuño hace historia en Valkenburg, 14º: “No me lo esperaba para nada”
- ↑ "Aida Nuño roza el top 20 de la Copa del Mundo, saliendo la última". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2014.
- ↑ "Aida Nuño cambia el barro por el asfalto de la mano de Lointek". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2014.
- ↑ Emakumeen Euskal Bira, General Classification-15/06/2014-Category: 2.1 - Race Website
- ↑ NUÑO PALACIO Aida-2014
- ↑ Nuño, “sorprendida y contenta” con su séptimo puesto ante la élite mundial; Larrinaga, 30º
- ↑ "Spaanse Aida Nuño Palacio weer terug richting thuisland". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 6 de novembro de 2014.
- ↑ "Results - Cycling - Road- 2015 Women Elite Grand Prix de Plumelec-Morbihan Dames (FRA/1.1)-30 May 2015 - Road race: Plumelec - Plumelec". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de abril de 2019.