Ahmad (cráter)
Ahmad é un cráter de impacto que está situado no hemisferio norte da lúa de Saturno, Encélado. Ahmad foi descuberto por primeira vez en imaxes da Voyager 2 pero foi visto cunha maior resolución (aínda que preto do terminador) pola sonda Cassini . Atópase a 58,8 ° norte Latitude, 311,6 ° Oeste e ten 18,7 quilómetros de diámetro.[1] A parte occidental do cráter está en boa parte ausente, xa sexa enterrada ou esnaquizada preto da marxe oriental de Samarcanda Sulci. Unha estrutura grande e semellante a unha cúpula ocupa o interior do cráter, provocada por recheos de material de Samarcanda Sulci ou por mor da relaxación viscosa.
Ahmad | |
---|---|
![]() O cráter Kerwan. O norte está cara a dereita. | |
Descubridor | Voyager 2 |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Encélado |
Coordenadas | 58,76° N 311,57° O [1] |
Diámetro | 18,7 km [1] |
Procedencia do nome | Ahmad, heroe dos contos de As mil e unha noites [1] |
Ahmad recibe o nome dun heroe dos contos de As mil e unha noites. Tróuxolle a seu pai unha mazá e casou con Pari-Banou.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Crater, craters: Ahmad on Enceladus". Consultado o 18-08-2020.