Aharón ben Elia
Aharón ben Elia, nado no Cairo ca. 1300[1] e finado en Constantinopla en 1369, foi un teólogo caraíta.
Aharón ben Elia | |
---|---|
Nacemento | c. 1328 |
Lugar de nacemento | O Cairo |
Falecemento | 1369 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | xudaísmo |
Ocupación | teólogo e rabino |
[ editar datos en Wikidata ] | |
ObraEditar
Influenciado pola obra de Aristóteles e polo sistema filosófico islámico do kalam, escribiu Etz Hayyim (1346), que é un contrapunto a Maimoides onde defende fervorosamente o atomismo kalamita, alegando que é consistente coa Biblia e polo tanto de orixe xudía e mais é a base da realidade científica. En Gan Eden (1354) explora os principios da lei caraíta e Keter Torah (1362) é un comentario do Pentateuco.
NotasEditar
- ↑ [LASKER, Daniel ( 2008) From Judah Hadassi to Elijah Bashyatchi: Studies in Late Medieval Karaite Philosophy. Leiden:BRILL, p. 69]