AgustaWestland AW149
O AgustaWestland AW149 é un helicóptero militar medio desenvolvido por AgustaWestland (no presente Leonardo). O 20 de xuño de 2011 AgustaWestland anunciou o AW189, unha versión civil do AW149, para a súa entrada en servizo en 2013.[1]
AgustaWestland AW149 | |
---|---|
Tipo | helicóptero militar medio |
Fabricante | AgustaWestland, Finmeccanica, Leonardo S.p.A. |
Primeiro voo | 13 de novembro de 2009 |
Produción | 2009-presente |
Variantes | AgustaWestland AW189 |
Deseño e desenvolvemento
editarO AW149 foi desvelado no Farnborough Air Show de 2006. Derivado do AW139, o AW149 ten unha fuselaxe máis longa e motores máis potentes, conseguindo un maior volume de carga. O 13 de novembro de 2009 o primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea nas instalacións de AgustaWestland en Vergiate, no norte de Italia.[2] O 26 de febreiro de 2011 o segundo prototipo, o primeiro aparello cos motores de produción, voou por primeira vez en Vergiate.[3]
AgustaWestland presentou unha versión do AW149, designada TUHP149, como candidata ao Programa de Helicóptero Utilitario Turco para as forzas armadas de Turquía. O programa buscaba un lote inicial de 109 helicóperos valorados en 4 000 millóns de dólares, e as futuras ordes podían chegar finalmente aos 300 aparellos.[4] O 21 de abril de 2011 o Ministerio de Defensa turco anunciou que o Sikorsky S-70i Black Hawk fora seleccionado como gañador.[5]
A certificación militar para o AW149 foi anunciada por Finmeccanica no Farnborough Air Show de 2014.[6] O tren de aterraxe pode aguantar co aparello tocando o chan a unha velocidade de caída de 9,5 m/s, comparado cos 2 m/s para un helicóptero civil. O AW149 está sendo comercializado como unha alternativa á familia do Sikorsky UH-60 Black Hawk. Tailandia pediu 5 unidades do AW149 e é o seu primeiro cliente de exportación.[7][8] A Forza Aérea de Italia considerouno como helicóptero de busca e rescate pero finalmente elixiu o máis lixeiro AW139M.
Notas
editar- ↑ "AgustaWestland Unveils The AW189 Helicopter". AgustaWestland. Archived from the original on 11 de agosto de 2011. Consultado o 30 de outubro de 2018.
- ↑ "AW149 & AW159 complete first flights". Australian Aviation. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "AW149 Makes Its Public Premiere At The 2011 Paris Air Show". AgustaWestland. Archived from the original on 21 de marzo de 2012. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Turkey to decide in June between AW149, 'T-70' Black Hawk". FlightGlobal. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Sikorsky wins Turkish utility helicopter battle". FlightGlobal. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Military certification for the AW149". Leonardo. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Thai Army puts faith in Leonardo". Shephard. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "Royal Thai Army buys AW149 and six AW139s". HeliHub. Consultado o 31 de outubro de 2018.