Abrir o menú principal

Agustín Gallego Vigo, nado en Castro de Rei en 1970, é un político galego.

Agustín Gallego
Nacemento1970
 Castro de Rei
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Establecido en Lugo é o propietario dunha empresa de servizos.

En 2012 foi elixido para encabezar as listas de UPyD ás eleccións galegas pola provincia de Lugo, onde colleitou uns resultados por baixo do 1% dos sufraxios. En maio de 2015 encabezou a candidatura desta formación ás eleccións municipais pola capital luguesa, se ben non conseguiu acta de concelleiro, neste caso con algo máis do 1% dos votos. Uns meses máis tarde volveu encabezar a candidatura de UPyD, desta vez ás eleccións xerais, pola provincia de Lugo.