Agustín Fernández Albor

xurista e catedrático galego

Agustín Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1929 e finado na mesma vila o 6 de outubro de 1987,[1] foi un xurista e catedrático galego, especialista en dereito penal.

Infotaula de personaAgustín Fernández Albor
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1929 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1987 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXerardo Fernández Albor Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 48597

Traxectoria editar

Cursou a Licenciatura de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no curso académico 1957/58 foi nomeado profesor axudante de Dereito Penal nesta Universidade.

En 1960 obtivo o título de Doutor pola USC coa cualificación de sobresaínte cum laude pola defensa da súa tese Contribución al estudio de la diferenciación dogmático entre homicidio y asesinato que despois sería premio extraordinario.

No ano 1961, mediante concurso oposición acadou a categoría de profesor adxunto de Dereito Penal, en 1963 profesor agregado de Cátedra e en 1968 Profesor Agregado provisional. En 1969 obtivo a praza de profesor agregado de Dereito Penal e finalmente en 1971 acadou a praza de catedrático de Dereito Penal pola Universidade de Santiago.

Nesta Universidade foi Secretario de Publicacións, Intercambio Científico e Extensión Universitaria, Secretario da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, Vicedecano da Facultade, Vicerreitor da Universidade durante 6 anos e Director do Departamento de Dereito Penal e do Instituto de Criminoloxía.

Realizou viaxes de estudos por Bélxica, Francia e Portugal en 1958, antiga Iugoslavia, Francia, Austria e Italia onde ampliou estudos con Prof, C. Pedrazzi no ano 1963, cursou estudos co Prof M. Ancel en París e diplomouse en Dereito Comparado en Estrasburgo.

Foi membro da Asociación Internacional de Dereito Comparado, da Comisión nacional española para a redacción do Código Penal tipo para Latino América e da Asociación Internacional de Dereito Penal.

Académico de número da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e membro do Instituto de Ciencias Criminolóxicas da Universidade Complutense de Madrid.

Cabe destacar a súa obra Homicido y asesinato e os seus traballos sobre a delincuencia xuvenil, sobre a problemática do consumo e tráfico de drogas e sobre a delincuencia económica nas súas formas tradicionais e nas máis complexas e sofisticadas.

Vida persoal editar

Foi irmán do médico e político Xerardo Fernández Albor.

Obras editar

  • Homicido y asesinato (1964)
  • Normativismo e institucionalismo en derecho penal (1965)
  • Aportación al estudio comparado de los sistemas penales europeos (1966)
  • Circa il cossidetto “delitto d’onore” (1966)
  • El daño moral en los delitos contra el honor (1967)
  • El agio arrendaticio (1969)
  • Delincuencia juvenil (1973)
  • Estudios sobre criminalidad económica (1978)
  • Delincuencia y economía (1983)

Recoñecementos editar

  • Medalla de las Ciencias Penales y Criminológicas del Instituto de Criminología de la Universidad Complutense de Madrid en 1981.
  • Insignia de Ouro da Universidade de Santiago en 1984.

Notas editar

  1. "Necrológicas. Agustín Fernández Albor, penalista". El País (en castelán). 8 de outubro de 1987. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar