Aguilafuente
Coordenadas: 41°13′35″N 4°06′46″O / 41.22639, -4.11278
Aguilafuente é un concello situado na provincia de Segovia, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está enclavado no centro da provincia. Consta de aproximadamente 900 habitantes (que incrementan nos meses de verán, chegando a uns 3000 habitantes), que se dedican á agricultura e gandería. na súa maioría, aínda que na actualidade estanse creando novos sectores que se dedican á hostalaría e ao turismo rural en maior parte.
Aguilafuente | ||
---|---|---|
| ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | ![]() | |
Outros datos | ||
http://www.aguilafuente.es/ |
Conta cun patrimonio e unha rica historia desde a época romana que deixou pegadas nas ruínas de Santa Lucía, (estrada de Sauquillo), así como un vestixios visigodos dentro do actual casco urbano. A igrexa de San Juan, é a sede do museo e recolle todos os vestixios aparecidos desta época romana e visigoda.
Neste municipio celebrouse en 1472 un Sínodo que daría lugar ao primeiro libro impreso en lingua castelá: o Sinodal de Aguilafuente, e editado por Juan Parix na Igrexa de Santa María. O concello atópase situado a uns 36 quilómetros da capital segoviana. A súa patroa é a Virxe da Asunción, festexando as súas festas a mediados do mes de agosto. Outras das festividades importantes son en outubro, as festas de San Froitos celebrando a festa do Santo Cristo da Pena, en febreiro eran antigamente coñecidas as candeas e para rematar en xullo Santa Isabel.
-
Sinodal de Aguilafuente (1472)
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aguilafuente |
Ligazóns externas Editar
- Páxina web do concello de AguilafuenteArquivado 10 de decembro de 2011 en Wayback Machine.