Agrupación Progresista de Abegondo

A Agrupación Progresista de Abegondo (APdeA) é un partido político de ámbito municipal de Abegondo rexistrado o 7 de marzo de 2007[1], creado polo entón alcalde Juan José Rocha Carro e outros concelleiros do PP en Abegondo.

Agrupación Progresista de Abegondo
Partido político de Abegondo
Dirixentes e organización
LíderJuan José Rocha Carro
Historia
Fundación2007
Representación
Concelleiros no 2007
4 / 13
Concelleiros no 2011
1 / 13
Outros datos
Na rede
http://apdabegondo.blogspot.com.es/

Orixe editar

A orixe do partido está na disputa entre Rocha e José Antonio Santiso Miramontes para encabezar a lista do PP á alcaldía de Abegondo nas eleccións municipais de 2007. José Antonio Santiso fora reelixido alcalde de Abegondo tras gañar as eleccións anteriores. Juan José Rocha sucedeuno no 2004 á fronte da alcaldía ao ser Santiso nomeado Conselleiro de Agricultura na Xunta.

No 2007, ao ser Santiso designado cabeza de lista do PP á alcaldía de Abegondo[2], Rocha e outros concelleiros do PP deciden presentarse ás eleccións creando unha candidatura independente, a da APdeA[3].

Resultados electorais editar

Nas eleccións municipais de 2007, APdeA foi tras o PP a segunda forza máis votada en Abegondo, con 1005 votos (o 29,78%), e catro concelleiros, o que lle permitiu a Juan José Rocha continuar como alcalde mediante un pacto[4] entre APdeA, BNG e PSdeG-PSOE. En 2009, Rocha perde a alcaldía, e a APdeA pasa á oposición, tras non superar unha moción de censura do PP[5] apoiada polo edil do PSdeG-PSOE[6].

Nas eleccións municipais de 2011 vólvese a presentar Rocha como cabeza de lista da APdeA, sendo neste caso a cuarta forza máis votada, con 316 votos (o 8,60%), e un concelleiro.

Nas eleccións municipais do ano 2015 APdeA non presentou candidatura.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar