Agnarr Geirröðsson

Agnarr Geirröðsson, na mitoloxía nórdica, era o fillo do rei Geirröd (no antigo nórdico Geirröðr). Aparece mencionado no poema "Grímnismál" da Edda poética, unha obra compilada por Snorri Sturluson, no século XIII, a partir de fontes tradicionais máis antigas.

Como se describe no Grímnismál, Agnarr, o fillo de Geirröd, ofrécelle a Odín unha bebida. Imaxe publicada en 1908 en Norse Stories Retold from the Eddas. Leva o título de: "Ninguén tivo un pensamento de mágoa, agás o pequeno Agnarr".

Segundo "Grímnismál", o pequeno Agnarr axuda ao deus Odin, disfrazado de Grímnir, a escapar de Geirröd, que quería torturalo.[1] [2]

  1. Simek (2007), p. 4
  2. Orchard (1997), pp. 25-26

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar