Agaricus excellens

Agaricus excellens

Agaricus excellens
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: Agaricus
Especie: A. excellens
Nome binomial
'Agaricus excellens'
F.H.Møller (1952)
Sinonimia[1][2]
  • Scidenweisser egerling
  • Psalliota excellens (Møller)
  • Agaricus macrosporus subsp. excellens (F.H.Møller) Bohus (1978)
  • Agaricus macrosporus var. excellens (F.H.Møller) Bohus (1990)
  • Agaricus albertii var. excellens (F.H.Møller) Bohus (1990)
  • Agaricus urinascens var. excellens (F.H.Møller) Nauta (2000)

Agaricus excellens é un raro fungo do xénero Agaricus. É unha especie nativa de Europa.[3]

Descrición editar

 
Unha foto da especie A. excellens.

Píleo: é de cor amarela esbrancuxado. Ten de 10 a 15 cm de diámetro, é convexo e un pouco aplanado, con coloración lixeiramente amarelada no centro, sobre todo ao envellecer, está densamente cuberto de pequenas escamas fibrosas da mesma cor.[4][5]

Estipe: o talo é de 100-140 x 20-35 mm, de cor branca; o anel é groso e branco. A parte inferior é escamosa ou fibrilar.[4]

As Láminas son de cor rosa clara.[4][5]

Esporas e características microscópicas: ten esporas de cor negra violácea, de forma elíptica, que miden de 9-12 x 5-7μ.[5][6]

Carne e cheiro: a carne do sombreiro (píleo) é de cor branca-avermellada. Ten un sabor doce, e cheira un pouco a anís e améndoas.[5][6]

Hábitat editar

Normalmente atópase nos bosques de coníferas e caducifolios, crece durante o outono e no verán entre a herba de bosques abertos, especialmente de abetos. Atópase tipicamente en altitudes de entre 0 a 914 metros.[3]

Notas editar

  1. "Agaricus excellens". Rogers Mushrooms. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  2. "Agaricus excellens (F.H. Møller) F.H. Møller 1952". MycoBank. Consultado o 1 January 2000. 
  3. 3,0 3,1 "Agaricus excellens". Zipcode Zoo. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Agaricus excellens". Rogers Mushrooms. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Agaricus excellens". MushLook. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 "Agaricus excellens". Rogers Mushrooms. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 19 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar