Fungo dos lameiros

especie de fungo
(Redirixido desde "Agaricus campestris")

O fungo dos lameiros[1], cogomelo dos lameiros ou champiñón silvestre[2], de nome científico Agaricus campestris (L.) Fr., é unha especie da familia dos Agaricaceae.

Nomes popularesEditar

En galego tamén é coñecido coma fungo pequeno das febras[3].

DescriciónEditar

  • Sombreiro: de 6 a 10 cm de diámetro. Hemisférico, convexo e logo aplanado. Cutícula sedosa, fibrilosa de cor branca, doadamente separable.[4]
  • Pé: curto, groso e cilíndrico, algo engrosado na base. Liso de cor branca, con anel simple membranoso e branco.
  • Himenóforo: áminas libres, apertadas, de cor rosa vivo, logo chocolate e ó final negruzcas.
  • Veos: con anel
  • Carne: firme, compacta, grosa, branca que se colorea debilmente ó corte. De sabor doce e cheiro agradable.
  • Esporada: marrón escuro
  • Hábitat e época de aparición: de primavera a outono en prados e pasteiros.
  • Comestibilidade: É comestible[5]

NotasEditar

  1. Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos de Cristovo Ruíz Leivas e Juan-A. Eiroa García-Garabal
  2. Nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Xunto con fungo dos lameiros son a recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. Nilsson, Sven & Persson, Olle (1977). Fungi of Northern Europe 2: Gill-Fungi. Penguin, NY. ISBN 0-14-063006-6. 
  5. Grigson, Jane (1975). The Mushroom Feast. Londres: Penguin. ISBN 0-14-046-273-2. 

Véxase taménEditar

Outrso artigosEditar