Agapito Rey

Filólogo e profesor galego

Agapito Rey, nado en Pontevedra o 24 de marzo de 1892 e finado en Bloomington (Indiana) o 29 de novembro de 1987, foi un historiador da literatura española.

Infotaula de personaAgapito Rey
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Bloomington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Indiana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos vinte anos marchou de Pontevedra rumbo a Arxentina. En 1914 retornou a Galicia pasando polos Estados Unidos, pero ante a entrada en guerra dos americanos, quedou no país e alistouse no exército. O rematar a guerra matriculouse na Universidade de Indiana, onde se licenciou. Foi profesor en Míchigan (1921), despois pasou á Universidade de Dakota do Norte e en 1925 trasladouse á Universidade de Indiana.[1]

Obras editar

Editou e estudou as Sumas de historia troyana de Leomarte, Madrid: S. Aguirre imp., 1932; os Castigos e documentos del rey don Sancho, (Bloomington, 1952); o Regimiento de Príncipes (1952); o Libro de los cien capítulos, (Bloomington, 1960), un dos principais títulos de prosa sapiencial castelá, sobre a base dos catro códices coñecidos na época (Biblioteca Nacional de Madrid, manuscritos 9216, 6608 e 8405, e Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander, manuscrito 108), aínda que hoxe coñécense dous máis, sen contar as copias incompletas e o Libro del Consejo y de los Consejeros (Zaragoza, 1962).

En colaboración con Antonio García Solalinde escribiu Ensayo de una bibliografía de las leyendas troyanas (Bloomington, 1942), e con George Peter Hammond, The Rodriguez Narrative of the Chamuscado Expedition to New Mexico (Santa Fe, 1927); Obregon's History of the Southwest, (Los Ángeles, 1928); Espejo's Expedition to New Mexico, (Los Ángeles, 1929); New México in 1602 (Albuquerque, 1938); Narratives of the Coronado Expedition, (Albuquerque, 1940); The Benavides Memorial of 1634, (Albuquerque, 1944) e Juan de Oñate, Colonizer of New Mexico (Albuquerque, 1953).

Notas editar

  1. La Noche, 26-7-1962, p. 8.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar