After the Gold Rush

After the Gold Rush é o terceiro álbum do músico canadense Neil Young, publicado o 31 de agosto de 1970 a través do selo Reprise Records. O disco está formado principalmente por música country folk, xunto coa máis roqueira "Southern Man". Os temas foron inspirados polo guión de Dean Stockwell-Herb Berman After the Gold Rush.

After the Gold Rush
Álbum de Neil Young
Publicado31 de agosto de 1970
Gravaciónagosto de 1969 - xuño de 1970
Estudio(s)Sunset Sound e Sound City, Hollywood; Estudio caseiro de Young en Topanga (California)
Duración35:10
Xénero(s)rock, roots rock, country rock, folk rock
Selo(s)Reprise Records
Producido porNeil Young, David Briggs
Cronoloxía
Everybody Knows This Is Nowhere
(1969)
After the Gold Rush Harvest
(1972)

After the Gold Rush acadou o número 8 na lita de álbums da Billboard; os dous sinxelos sacados do mesmo, "Only Love Can Break Your Heart" e "When You Dance I Can Really Love", foron número 33 e 93 na Billboard Hot 100. Os críticos non quedaron inicialmente impresionados co traballo, aínda que dende entón ten sido considerado unha peza mestra e aparece nun bo número de listaxes de mellores álbums.

Produción editar

As sesións iniciais de gravación realizáronse coa banda de apoio Crazy Horse nos Sunset Sound Studios dos Ánxeles no medio dunha pequena xira no inverno de 1970 que incluíu un concerto cunha boa recepción con Steve Miller e Miles Davis no Fillmore East. A pesar do deterioración da saúde do guitarrista rítmico Danny Whitten, as sesións produciron dous temas, "I Believe In You" e "Oh, Lonesome Me".

A meirande parte do álbum gravouse nun estudio improvisado no soto da casa de Young en Topanga Canyon durante a primavera co baixista de Crosby, Stills, Nash, & Young Greg Reeves, o batería de Crazy Horse Ralph Molina e o florecente prodixio musical de 18 anos Nils Lofgren, da banda de Washington, D.C. Grin, no piano. A incorporación de Lofgren foi unha decisión caracteristicamente indiosincrática de Young: Lofgren non tocara os teclados habitualmente antes das sesións.[1] Xunto con Jack Nitzsche, Lofgren acabaría uníndose a Crazy Horse antes de conseguir o éxito co seu propio grupo, coa súa carreira en solitario e de ser membro durante 25 anos da E Street Band de Bruce Springsteen. A biografía de Young Shakey di que Young estaba intencionadamente intentando combinar Crazy Horse e CSNY neste disco,[2] con membros da primeira banda aparecendo xunto con Stephen Stills (que colaborou cos coros en "Only Love Can Break Your Heart") e Reeves.

A portada é unha imaxe solarizada de Young camiñando polo campus de Dereito da Universidade de Nova York e cruzándose cunha muller. A imaxe foi tomada polo fotógrafo Joel Bernstein e supostamente estaba desenfocada. Debido a iso decidiuse enmascarar a cara borrosa solarizando a imaxe.[3] A fotografía está recortada; a imaxe orixinal incluía ao amigo de Young e compañeiro en CSNY Graham Nash.[4]

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Neil Young, agás onde se indique. Os tempos das cancións son dolanzamento orixinal en vinilo de 1970, número de catálogo RS 6383.[5]

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Tell Me Why"   2:45
2. "After the Gold Rush"   3:45
3. "Only Love Can Break Your Heart"   3:05
4. "Southern Man"   5:41
5. "Till the Morning Comes"   1:17
Cara 2
N.º Título Duración
6. "Oh, Lonesome Me" (Don Gibson) 3:47
7. "Don't Let It Bring You Down"   2:56
8. "Birds"   2:34
9. "When You Dance I Can Really Love"   3:44
10. "I Believe in You"   2:24
11. "Cripple Creek Ferry"   1:34
Descartes da edición do 50 aniversario
N.º Título Duración
12. "Wonderin'"   2:12
13. "Wonderin'" (Versión inédita) 1:55
Detacte da páxina Neil Young Archives
N.º Título Duración
14. "Birds" (Versión alternativo) 3:36
  1. "Six Questions (And Then Some) For ... Nils Lofgren - Post Rock". voices.washingtonpost.com. Consultado o 2020-07-30. 
  2. McDonough, Jimmy. Shakey: Neil Young's Biography. Nova York: Random House Inc., 2002
  3. "After the Gold Rush - Album Cover Location". www.popspotsnyc.com. Consultado o 2020-07-30. 
  4. "Imaxe da portada sen recortar". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2020. 
  5. "Vinyl Album: Neil Young - After The Gold Rush (1970)". 45worlds.com. Consultado o 23 de decembro de 2021.