Afognak (en alutiiq: Agw’aneq[1], ruso: 'Афогнакъ'[2]) é unha illa de Alasca nos Estados Unidos, situada a 5 km ao norte da illa Kodiak e separada do continente polo estreito de Shelikof.

Afognak
Agw’aneq
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoArquipélago Kodiak
MarOcéano Pacífico
Coordenadas58°13′54″N 152°36′19″O / 58.23167, -152.60528Coordenadas: 58°13′54″N 152°36′19″O / 58.23167, -152.60528
Xeografía
Superficie1.812´6 km²
Longura máxima69 km.
Largura máxima37 km.
Punto máis alto776 m.
Demografía
CapitalAleneva (68 habitantes)
Poboación169 (2000)
Densidade0´09 hab./km²
Lingua propiaInglés

Está a 69´2 km. de leste a oeste e 37 km de norte a sur e ten unha superficie de 1.812´58 km², polo que é a 18ª illa máis grande dos Estados Unidos. A costa está dividida por moitas baías longas e estreitas. O punto máis alto ten 776 m.

Os densos bosques de abetos de Afognak son o fogar de osos marróns, alces de Roosevelt e cervos de Sitka. Moitas persoas visitan a illa para cazar e pescar.

Historia editar

 
Regato que flue desde o lago Malina

Habitada por aleutianos dende o 4.000 a.C. basea a súa economía na pesca e caza, e no intercambio comercial con outras illas.
En 1784 os rusos chegaron á illa, obrigando a moitos aleutianos a deixar a illa para traballar nos navíos rusos. O andazo de varíola de 1837-1840 matou gran parte da poboación nativa da illa. Unha comunidade de empregados retirados da Compañía Ruso-Americana asentouse ao carón da principal vila aleutiana da illa, co tempo acabou por se unir con ela, creando unha comunidade mixta.

O censo dos Estados Unidos de 1890 observou unha serie de asentamentos ao longo da liña de praia preto da aldea alutiiq de Ag’waneq (coñecida tamén como Afognak), incluíndo a vila de Rutkovsky, habitado por un grupo de empregados xubilados da Compañía ruso-americana.

A erupción do Volcán Katmai en 1912 cubriu a vila de Afognak de lava e foi abandonada en 1964 polos seus 200 habitantes despois dun tsunami que arrasou a illa, a poboación asentouse na veciña illa de Kodiak, creando a vila de Port Lions, onde constituíron a Native Village of Afognak, tribo recoñecida polo goberno federal.

Ag'waneq foi abandonado despois do terremoto do Venres Santo de 1964 que devastou a illa. Os descendentes dos nativos de Alasca da illa recoñécense oficialmente como habitantes da aldea nativa de Afognak. A maioría deles agora viven en Port Lions ou Kodiak.

A principios do século XXI, existían algúns pequenos campamentos madeireiros e albergues de pesca na illa. Unha comunidade de rusa de Vellos creentes viven en Aleneva. A economía baséase na subsistencia e na explotación forestal. O transporte está proporcionado por un hidroavión de flotadores desde Kodiak ás varias áreas ao redor da illa. O Censo dos Estados Unidos do 2000 informaba unha poboación de 169 persoas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar