Afogado (xadrez)

xadrez
Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess rll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess kdl45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess rld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess qll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess kld45.svg Chess l45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
O rei negro está afogado, non ten movementos legais o cal dá un empate.

En xadrez, o afogado é unha situación que se produce cando o xogador de quen é a quenda non ten xogadas legais para realizar e o rei non se atopa en estado de xaque. É dicir, o rei non pode moverse a outras casas porque quedaría en posición de xaque ou porque están ocupadas por pezas propias ou pezas alleas que están defendidas, e ademais o xogador non ten outras pezas que poidan moverse ou capturar a pezas adversarias. A isto tamén se lle coñece como táboas por rei afogado.

Durante os finais, o afogado é un recurso que pode permitir empatar nunha posición inferior. En posicións máis complexas onde hai moitas pezas, apenas hai situacións onde o afogado poida darse.

Así mesmo é un tema común na composición de estudos de finais e outros problemas de xadrez.

Historia do regulamento do afogadoEditar

As regras para o afogado foron bastante polémicas a través da historia. Aínda que hoxe en día un afogado é aceptado universalmente como un empate, este non foi o caso en gran parte da historia do xadrez. Nos inicios do xadrez moderno, o afogado era unha vitoria para aquel xogador ao que lle tocase mover. Esta práctica persistiu no xadrez ata os principios do século XV. Con todo, o afogado foi considerado como unha vitoria inferior cando se xogaba por diñeiro só se conseguía recibir a metade do apostado, e así continuou en España hata finais do século XVI. As regras en Inglaterra desde o século XVII ata o século XIX consideraban ao afogado como partida perdida para aquel xogador que lle tocaba iniciar o xogo, regra de xogo que eminentes historiadores de xadrez atribúen ao xadrez ruso. Esta norma desaparece en Inglaterra antes de 1820, sendo substituída polo regulamento francés e italiano, onde o afogado considérase un empate.

Asumindo que o negro foi afogado ao longo da historia, un afogado foi considerado:

  • Vitoria para o branco no século X en Arabia e gran parte da Europa medieval.
  • Media vitoria para o branco nun xogo de apostas, o branco gaña a metade do apostado (Século XVIII España).
  • Vitoria para o negro No século IX na India e no século XVII en Rusia e no centro de Europa e desde o século XVII e XVIII en Inglaterra. Explicando as razóns para esta regra dise que: "Aquel que pon ao seu rei adversario nun afogado, perde o xogo porque desnaturalizou o curso natural do xogo que soamente debe terminar cun gran xaque mate". Esta regra continuou sendo publicada en Hoyle's Games Improved ata fins de 1866. Murray escribiu en 1913: "A regra seguía aparecendo en edicións posteriores a 1857 e atopábame con xente que argumentaba que esa norma estaba vixente".
  • Xogada ilegal: se o branco facía un movemento que puña ao negro en situación de afogado, entón debía retractarse e facer un movemento distinto a aquel (no leste asiático ata principios do século XX). Murray tamén escribiu no Xadrez Indio e Xadrez persa, dous do tres principais formas de xogar xadrez alá polo ano 1913, que a un xogador non lle é permitido facer un movemento que coloque ao seu opoñente nunha posición de afogado. A mesma regra aplícase ao xadrez birmano. Por aqueles tempos o afogado non estaba permitido na maioría de países deste asiático (especificamente en Birmania, India, Xapón e Siam) ata principios do século XX.
  • O negro perde a súa quenda de mover nalgunhas partes de Francia medieval.
  • Un empate: esta regra estableceuse en Italia do século XIII, posteriormente en Alemaña do século XV, aínda que algúns xogadores dáballe un trato equivalente a un xaque mate. Finalmente esta regra adoptouse por toda Europa, pero non en Inglaterra ata chegado o século XIX por Jacob Sarratt.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar