Æthelric de Bernicia

(Redirixido desde "Aethelric de Deira")

Æthelric foi rei de Bernicia desde 568 até 572.

Æthelric de Bernicia
Nacementoséculo VI
Falecemento572
NacionalidadeBernicia
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiIda de Bernicia
NaiBearnoch of Bernicia
FillosÆthelfrith de Northumbria e Theobald (?)
IrmánsAdda de Bernicia e Theodric de Bernicia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Æthelric foi o pai de Æthelfrith de Northumbria, quen foi o primeiro monarca que reinou en Deira e Bernicia ao mesmo tempo, reinos que se fusionaron formando Northumbria.

Æthelric foi un dos moitos fillos de Ida, o primeiro líder de Bernicia. Pouco se sabe da vida e reinado de Æthelric, dada a pouca documentación desta época. As poucas fontes de información que existen varían amplamente na orde e duración dos reinos dos reis bernicianos que viviron entre a morte de Ida e o comezo do reino de Æthelfrith de Northumbria en 592/593.