Aeroporto de Karlstad
O aeroporto de Karlstad (IATA: KSD, ICAO: ESOK) é un aeroporto internacional situado a 18 km ao noroeste do centro da cidade sueca de Karlstad, en Värmland. O actual aeroporto inaugurouse no ano 1997 e antes da súa apertura usábase outro aeroporto a 3 km ao sur da cidade que causaba molestias acústicas aos habitantes das proximidades.
Aeroporto de Karlstad
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | municipio de Karlstad[1] | ||
Operador | Karlstad Airport AB | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 2 516 | 8 255 | asfalto |
03L/21R | 561 | 1 840 | herba |
Historia
editarO antigo aeroporto de Karlstad, o aeroporto Karlstad-Jakobsberg, atopábase a poucos quilómetros ao sur do centro da cidade, preto do río Klarälven. Foi construído nos anos 30 e estivo operando voos comerciais ata a apertura do novo aeroporto. As vellas instalacións continuaron usándose para voos de adestramento de planadores ata o ano 2000 cando a empresa que realizaba estes voos transladouse ao novo aeroporto.[2] Os terreos do aeroporto de Jakobsberg úsanse hoxe en día como campo de golf.
A decisión para construír un novo aeroporto ás aforas de Karlstad tomouse en 1993. Unha das razóns foi o crecemento da cidade, que fixo que aumentasen as queixas polo ruído dos avións ao aterrar e engalar no vello aeroporto. Por outra banda nese lugar non había espazo para que as súas instalacións se expandisen. Ademais do aeroporto tamén se levaría a cabo a expansión das estradas nacionais 61 e 62 ao norte da cidade. A decisión tamén se baseba no aumento do tráfico nos anos 80 e na esperanza de poder chegar ao medio millóns de pasaxeiros ao poder ser vir como aeroporto de reserva de Oslo-Gardermoen, que se atopa a uns 200 km por estrada dende Karlstad.
Tras a inauguración o tráfico aumentou ata o ano 2000, pero a partir dese momento caeu en picado (ao igual que en moitos outros aeroportos nesa época) e o número de voos reducíuse. A mellora das conexións por estrada a Estocolmo foi un dos factores que levou a esa baixada, ao poder chegar á capital. Ademais os trens máis rápidos tardan pouco máis de dúas horas en chegar ao centro de Estocolmo, mentres que un avión rexional tarda uns 50 minutos en chegar ao aeroporto de Arlanda.
O 1 de decembro de 2010 o municipio de Karlstad mercou a Swedavia o aeroporto. O Luftfartsverket (administración civil de aviación sueca) pagoulle 58 millóns de coroas de compensación pola operación en 2011 e por algúns investimentos futuros. A suma inclúe a remuneración aos novos propietarios polo acordo subscrito cando foi construído.[3] O Consello do Condado de Värmland e Rexión de Värmland serían socios, pero antes da compra o municipio de Karlstad decidiu facerse co 100% das accións.[1] Karlstad Airport AB é a compañía encargada de operar o aeroporto.
Perda de competitividade
editarAo igual que moitos aeroportos do sur e o centro de Suecia, Karlstad perdeu pasaxeiros. KSD pasou de 291 503 pasaxeiros no ano 2000, a 144 365 no 2005 e a 113 061 en 2006. Moitas persoas que van a Estocolmo usan o coche, uns 61% segundo un informe de SJ, xa que é máis barato que voar e é unha viaxe "porta a porta". Do centro de Karlstad ao centro de Estocolmo hai pouco máis de 300 km.
Ademais o tren ten unha alta cota de mercado, ao redor do 23%. Hai 3 trens rápidos por día en cada dirección cunha duración da viaxe de menos de 2 horas e media, con trens que ofrecen acceso a interner e servizo de restaurante. Ademais hai 6 trens interurbanos de luns a venres.
Destinos e aeroliñas
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aegean Airlines | Chárter estacional: Chania |
BMI Regional | Frankfurt, Jönköping |
Freebird Airlines | Chárter estacional: Antalya |
Jet Time | Chárter estacional: Fuerteventura, Larnaca, Tenerife-Sur |
Norwegian Air Shuttle | Estacional: Alacant, Gran Canaria |
Scandjet operado por Braathens Regional Aviation |
Chárter estacional: Catania, Rijeka |
Thomas Cook Airlines Scandinavia | Chárter estacional: Gran Canaria, Palma de Mallorca, Rodas |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Swedavia (ed.). "Karlstad Airport överlämnad till värmlänningarna". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ Segelflygklubben i Karlstad (ed.). "Historik". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ Publikt (ed.). "Karlstad Airport får lokala ägare". Consultado o 22 de xaneiro de 2017.