Aeroporto de Castelló

Coordenadas: 40°12′35″N 0°04′11″L / 40.20972222, 0.06972222

O Aeroporto de Castelló (IATA: CAS, OACI: LECS), tamén coñecido como Aeroporto de Castelló-Costa Azahar ou Aeroporto de Castelló-Costa dels Tarongers, é un aeroporto español localizado nas inmediacións de Vilanova d'Alcolea, na provincia de Castelló.

Aeroporto de Castelló
Aeroport de Castelló

IATA: CDT – ICAO: LECS
Sumario
Tipo Privado
Operador SNC-Lavalin
Cidade/Illa Castelló de la Plana
Localización Vilanova d'Alcolea
Elevación (msnm) 350 metros / 1 145 pés
Web http://www.aeropuerto-castellon.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 2 700 8 858 asfalto
Aeropuerto de Castellón

Foi xestionado pola sociedade pública Aerocas e posteriormente pola canadense SNC-Lavalin. A pesar de ser inaugurado oficialmente en marzo de 2011, non recibiu todos os permisos para operar ata decembro de 2014[1] e ata setembro de 2015 careceu de operacións regulares, converténdose nun símbolo da disipación que caracterizou o desenvolvemento da crise española de 2008.[2][3][4] En outubro de 2016 operaba un pequeno número de voos con algo máis de 400 pasaxeiros ao día.[5]

Localización editar

O aeroporto emplázase a 40 km de Castelló de la Plana, ademais doutros núcleos turísticos como Benicàssim, ou industriais como Vila-real, Onda ou Borriana.

Construción editar

 
Aeropuerto de Castellón-Costa Azahar, vuelo de Bristol

Desde o seu inicio, o proxecto do aeroporto de Castelló foi identificado como unha decisión persoal do Presidente da Deputación Provincial de Castelló, Carlos Fabra. Como manifestou en numerosas ocasións, o aeroporto de Castelló sería unha necesidade ineludible para poder converter a Castelló nunha zona turística de calidade. Así, o aeroporto debería entenderse dentro do marco do fomento do lecer, onde tamén se incluiría o futuro parque temático "Mundo Ilusión", a promoción do golf con torneos de categoría internacional, e enclaves residenciais como Marina d'Or.

Os detractores ao proxecto sinalan en cambio, que un aeroporto en Castelló é un gasto innecesario, dada a proximidade dos aeroportos de Reus e de Valencia, a aproximadamente 50 minutos de distancia da cidade de Castelló. Os ecoloxistas sinalan á súa vez que os terreos onde se está construíndo son dunha alta riqueza ecolóxica. De feito, conseguiuse paralizar en varias ocasións a súa construción mediante denuncias no xulgado por delitos ao medio ambiente.[6]

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Blue Air Bucarest
Ryanair Londres-Stansted, Poznań (comeza o 1 de novembro de 2017)
Estacional: Bristol, Sofía

Notas editar

  1. Ortega, Lorena (11 de decembro de 2014). "Dos jubilados en helicóptero estrenan el aeropuerto de Carlos Fabra". El País (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  2. Minder, Raphael (18-7-2012). "In Spain, a Symbol of Ruin at an Airport to Nowhere". The New York Times (en inglés). Consultado o 14-1-2013. 
  3. Hermann, Mark (20-7-2012). "Only Plane at Ghost Airport on Politician’s Head". Pacific Standard (en inglés). Consultado o 8-2-2013. 
  4. Govan, Fiona (15-2-2012). "Spanish 'ghost' airport's unused runway to be dug up". The Daily Telegraph (en inglés). Consultado o 8-2-2013. 
  5. La Plana al Día. "El aeropuerto de Castellón crece de nuevo con casi 13.000 pasajeros en octubre" (en castelán). 
  6. Navarro, Javier (7 de novembro de 2010). "El aeropuerto de Castellón necesita apoyos para comenzar a volar" [O aeroporto de Castelló necesita apoios para comezar a voar]. El periódico mediterráneo. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar