Aeroporto de Andorra-La Seu d'Urgell

O Aeroporto de Andorra-La Seu d'Urgell é un aeroporto público xestionado pola empresa Aeroports de Catalunya. Ofrece voos comerciais regulares e acolle voos de aviación xeral e de emerxencia.

Aeroporto de Andorra-La Seu d'Urgell
Aeroport d'Andorra - la Seu d'Urgell

IATA: LEU – ICAO: LESU
Sumario
Tipo Público
Propietario/Operador Aeroports de Catalunya
Cidade/Illa La Seu d'Urgell e Andorra
Localización Montferrer i Castellbò e Ribera d'Urgellet
Elevación (msnm) 800 metros / 2 625 pés
Coordenadas Coordenadas: 42°20′19″N 1°24′33″L / 42.338612, 1.409167
Web aeroportlaseu.cat

Está situado na comarca do Alt Urgell, entre os municipios de Montferrer i Castellbò e Ribera d'Urgellet. Está a 7 km de La Seu d'Urgell e a 27 km de Andorra la Vella.

As instalacións actuais reabríronse o 4 de xuño de 2010 co obxectivo de dinamizar o turismo e o desenvolvemento económico nas comarcas do Alto Pireneo. A recuperación deste aeroporto permitirá enlazar o Pireneo catalán e Andorra con outros puntos da xeografía catalá, española e europea.

A actividade comercial regular rexurdiu o 17 de decembro de 2021 coa inauguración da conexión directa co Aeroporto de Madrid Barajas. Estes voos son operados por Iberia a través da súa filial rexional Air Nostrum, empregando aeronaves turbohélice ATR.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar