Aegaeon ou Exeón (do grego Αιγαίων) tamén coñecida coma Saturno LIII (designación provisional S/2008 S 1), é unha lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Carolyn Porco do equipo de imaxes da sonda espacial Cassini-Huygens o 3 de marzo do 2009, a partir de obsevacións feitas o 15 de agosto do 2008.[1] Recibiu o seu nome de Αιγαίων (en latín Aegaeon), un dos Hecatónquiros.[2]

Tres imaxes do brillante arco do Anel G con Aegaeon, as fotos teñen un intervalo de 10 minutos entre elas.

Aegaeon orbita dentro do brillante segmento do Anel G de Saturno, e posiblemente a lúa sexa a fonte principal do material de dito anel.[3] Cascallos desprendidos da lúa forman un arco brillante preto da beira interior, e estes aá súa vez son espallados ó resto do anel. Aegaeon orbita nunha resonancia orbital de 7:6 con Mimas, a cal causa unha oscilación duns 4 km cada catro anos no seu eixo semimaior. Asumindo que ten un albedo semellante ó de Pallene, estimóuselle un diámetro de medio quilómetro. Orbita Saturno a unha distancia media de 167 500 km en 0,80812 días, ten unha inclinación de 0,001° respecto do ecuador de Saturno, cunha excentricidade do 0,0002.

Notas editar

  1. "IAU Circular No. 9023". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2010. 
  2. Jennifer Blue, Saturnian Satellite Named Aegaeon Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine., USGS Astrogeology Hot Topics, 5 May 2009
  3. Petite Moon Arquivado 25 de xullo de 2011 en Wayback Machine., CICLOPS, 29 May 2009