Adventures in the Magic Kingdom

Adventures in the Magic Kingdom é un videoxogo estreado o 1 de xuño de 1990 para Nintendo Entertainment System. A súa banda sonora foi composta por Yoko Shimomura que realizaría despois a da serie Kingdom Hearts. O xogo foi distribuído en cinco rexións diferentes (Illas Británicas, América do Norte, Francia, Escandinavia e Australasia), empregando tres portadas diferentes. Na historia do xogo, Goofy deixa a chave dourada da porta do castelo no seu interior, polo que Mickey Mouse pregunta ó xogador se pode axudalo a atopar seis chaves de prata que son precisas para abrir o castelo de Cincenta e permitir a cabalgata no parque. Despois de completar esta tarefa, Mickey parabeniza ó xogador e a cabalgata comeza.

Adventures in the Magic Kingdom
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Produtor(es)Tokuro Fujiwara
Deseñador(es)Yoshinori Takenaka
Compositor(es)Yoko Shimomura
Lanzamento1990
XéneroAcción
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)NES
Na rede
IMDB: tt0313169 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar