Advanced TIROS-N (tamén coñecido polo seu acrónimo ATN) é o nome dun programa de satélites meteorolóxicos en órbita polar continuación do TIROS-N e xestionado pola Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA) dos Estados Unidos.

Imaxe do furacán Floyd tomada polo NOAA 14, un satélite de tipo Advanced TIROS-N.

Características editar

O lanzamento e comprobación dos satélites en órbita era xestionado pola NASA e o control pasábase á NOAA unha vez verificado o seu normal funcionamento. Foron construídos por RCA Astro usando o mesmo bus que os satélites militares DMSP-5D1.

As especificacións dos satélites ATN eran as seguintes:

  • Vida útil mínima de 2 anos.
  • Órbita heliosincrónica cunha altura de entre 833 e 870 km.
  • Masa de 1479,9 kg unha vez en órbita (2231,7 kg no momento do lanzamento).
  • Lonxitude de 4,18 m e diámetro de 1,88 m.
  • Propulsión mediante hidracina, GN2 e AKM.
  • Estabilización nos tres eixos.
  • Controis térmicos activos e pasivos.
  • Operación a través das estacións en Wallops Island e Fairbanks con soporte de apoio coas antenas de 26 m da Rede de Espazo Profundo (DSN) da NASA.
  • Transmisións en banda S encriptadas.

Os satélites ATN levaban estes instrumentos a bordo:

  • AVHRR/3: radiómetro de exploración de seis canais que permitía obter datos hidrolóxicos, oceanográficos, meteorolóxicos e de uso da terra no rango de lonxitudes de onda visible a infravermello.
  • HIRS/3 (High-Resolution Infrared Sounder/3), AMSU-A (Advanced Microwave Sounding Unit-A) e AMSU-B (Advanced Microwave Sounding Unit-B): permitían obter perfís de temperatura e humidade da atmosfera entre o nivel do solo ata a altura da estratosfera.
  • SBUV (Solar Backscatter Ultraviolet Radiometer): radiómetro de escaneo espectral para medir a irradiancia solar e o seu efecto na terra a lonxitudes de onda de entre 160 e 406 nanómetros. Era capaz de medir a cantidade de ozono na atmosfera.
  • SEM-2 (Space Environment Monitor): medía a intensidade da radiación dos cintos de radiación terrestres e das partículas cargadas.
  • SARSAT (Search and Rescue Satellite Aided Tracking System): detecta e localiza chamadas de emerxencia nas frecuencias de 121,5, 243 e 406,05 MHz.

Unidades editar

A serie Advanced TIROS-N constou de sete satélites:

  • NOAA 8, lanzado o 28 de marzo de 1983.
  • NOAA 9, lanzado o 12 de decembro de 1984.
  • NOAA 10, lanzado o 17 de setembro de 1986.
  • NOAA 11, lanzado o 24 de setembro de 1988.
  • NOAA 12, lanzado o 14 de maio de 1991.
  • NOAA 13, lanzado o 9 de agosto de 1993.
  • NOAA 14, lanzado o 30 de decembro de 1994.

Os sete foron lanzados mediante foguetes Atlas E con éxito e funcionaron nominalmente.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar