Advaita Vedanta

(Redirección desde «Advaita vedanta»)

A doutrina Advaita Vedanta ou Vedānta Advaita, ás veces referida simplemente como Advaita é a corrente máis influente do Vedanta. Esta escola afirma a unidade entre as almas (Atman) e a divindade (Brahman). A persoa que consolidou os principios do Advaita Vedanta foi Adi Shankara.

Non dualidade ou a-dualidade editar

A doutrina Vedanta Advaita postula a existencia dun ser unido á totalidade dos seres existentes, de tal xeito que non pode falarse de relación entre os distintos seres, senón da unidade total. A unión entre o suxeito que percibe, o que é percibido, e o acto de percibir.

A falsa aparencia da multiplicidade é debida á función mental de conceptualizar, que consiste en definir e, xa que logo, dividir en partes o que non está dividido. Así, cando a mente abandona o proceso de conceptualización, a realidade do ser un é revelada, sen lugar a dúbidas, coma un feito puramente obxectivo.

Ante a pregunta fundamental «quen son eu?», a resposta é a non conceptualización.

Advaita no século XX editar

Así como Adi Shankara (tamén coñecido como Shankaracharya) é considerado como a referencia primordial da antiga doutrina Advaita, máis recentemente xorde a figura de Ramana Maharshi, principal referente no século XX, que se ben difería da ortodoxia Advaita en aspectos puntuais[1], tiña a esta e aos comentarios de Adi Shankara coma principal referente.

Outros referentes modernos do Advaita Vedanta son Sri Nisargadatta Maharaj, autor do libro Eu son, e Atmananda Krishna Menon, cuxas obras máis coñecidas son "Atma Darsan" e "Atma Nirvriti"

Mención especial merecen tamén, entre outros, os diferentes estudos sobre o Vedanta, o Ioga e a meditación de Swami Sivananda ou Sri Aurobindo.

Semellanzas do Advaita Vedanta con outras ensinanzas editar

O Advaita Vedanta ten unha grande afinidade con diversos movementos no seu aspecto máis místico. Atópanse resonancias co zen, o sufismo, o taoísmo, o tantrismo, os místicos cristiáns etc.

Textos chave editar

Os textos chave na escola Vedānta son os chamados Prasthana Trayi (tres probas): as Upanishads, o Bhagavad Gita e os Brahma Sutras.

Máis recentemente, xa no século XX, xurdiron os valiosos textos de Ramana Maharshi e o libro máis coñecido de Nisargadatta Maharaj, Eu son.

Tamén compre destacar a aparición de libros de autores contemporáneos máis enfocados ao público occidental, sen o exceso de terminoloxía hindú habitual nas obras anteriores. Exemplo destes últimos son Eternity Now de Francis Lucille, ou Beyond Knowlegde, do seu mestre Jean Klein.

Notas editar

  1. Be As You Are, David Godman

Véxase tamén editar

Bibliografía editar