Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy
Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy, nada en Tonnerre, Yonne en 1798, e finada en París en 1869, foi unha pintora francesa, alumna do pintor Abel de Pujol (1787-1861), que estudara con Jacques-Louis David. En 1856 casou con Abel de Pujol, converténdose na súa segunda esposa[1] cando el tiña 71 anos e ela 58. Coñecida polas súas pinturas de interiores e historicistas enmarcadas no estilo trobador, tamén ensinou ás alumnas do estudo de Pujol e foi considerada unha profesora comprometida.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1798 ![]() Yonne, Francia ![]() |
Morte | 1869 ![]() X Distrito de París, Francia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Ocupación | pintora ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Profesores | Abel de Pujol ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Abel de Pujol |
Traxectoria
editarGrandpierre-Deverzy expuxo baixo o seu apelido de solteira até a súa voda con Abel de Pujol, cando empezou a asinar como Adrienne de Pujol.
Debutou no Salón de París de 1822 co cadro O estudio de Abel de Pujol; esta obra foi unha das varias imaxes do estudio de Pujol que produciu ao longo da súa carreira.[2] Inspirada polo seu traballo de profesora no estudio de Pujol, este cadro mostra a Pujol falando dun lenzo mentres un grupo de novos estudantes de arte o rodean, outros traballan nos seus cadros, seleccionan pinturas e soñan espertos pola xanela. "Abundan as claves didácticas apropiadas a este xénero, entre as que se inclúen a modelo feminina vestida e sentada na esquina ao fondo á esquerda, copias de tres pinturas relixiosas identificables de Pujol, que se especializou nese xénero, e un estante de moldes de xeso cun torso espido masculino virado decorosamente, aínda que rebuldeiro, cara á parede."[1]
En 1836, pintou outra vista do Estudio de Abel de Pujol. Aquí o rostro de Pujol está oculto por un gran lenzo mentres pinta a unha modelo semiespida, afastada do público e da propia artista. Este xesto de modestia, así como a escultura masculina espida no fondo, cuxo brazo escurece os seus xenitais, son exemplos das limitacións impostas ás mulleres artistas debido aos costumes sociais e os condicionamentos morais do século XIX.[3]
Relacionada co estilo trobador, Grandpierre-Deverzy é coñecida polas súas pinturas narrativas que representan temas extraídos da historia e a literatura europea moderna. Tamén pintou interiores e temas literarios, incluíndo un cadro baseado en Quentin Durward de Walter Scott.[2] Outra escena histórica e literaria é a obra Cristina de Suecia ordena matar a Giovanni Monaldeschi, exposta no Chateau de Fontainebleau,[4] e unha escena da novela do século XVIII Las aventuras de Gil Blas de Santillana.[1]
O seu traballo exhibiuse con frecuencia nos salóns de París entre 1822 e 1855 e incluíu temas históricos, retratos e pinturas de xénero. Recibiu unha medalla de prata da Societé des amis des arts de Cambrai en 1828.
Posteridade
editarO seu nome aparece no Dicionario Universal de Pierre Larousse en 1875.
A súa obra foi redescuberta a partir de 1976 con motivo da exposición universal «Women Artists: 1550–1950», que se celebrou nos Estados Unidos presentando os traballos de 83 artistas femininas europeas e americanas durante catro séculos.
A súa obra Retrato de muller con vestido branco[5] foi poxada en 2018.[6]
Galería
editar-
Alexandre Farnèse, duque de Parme por Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy.
-
Estudio do pintor Abel de Pujol por Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Royalists to Romantics: Spotlight on Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy". Broad Strokes. National Museum of Women in the Arts. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 7 de marzo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 Harris, Ann Sutherland e Linda Nochlin (1976), Women Artists, 1550-1950, p. 219. Alfred A. Knopf, Nova York.
- ↑ "National Museum". Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2017. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "Christine, reine de Suède, fait assassiner son grand écuyer Monaldeschi". Château de Fontainebleau (en francés). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Adrienne Grandpierre-Deverzy, artiste peintre". L'Histoire par les femmes (en francés). 2019-07-10. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy - lots in our price database - LotSearch". www.lotsearch.net (en inglés). Consultado o 2022-12-17.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrienne Marie Louise Grandpierre-Deverzy |