Adriano Emperado é o principal de cinco artistas marciais que participaron na elaboración do kajukenbo, un sistema de auto-defensa.

Infotaula de personaAdriano Emperado
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1926 Editar o valor em Wikidata
Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 2009 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Maui, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador , karateka Editar o valor em Wikidata
ProfesoresWilliam Kwai Sun Chow (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteKarate Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 98141775 Editar o valor em Wikidata

Emperado tivo unha infancia dura en Honolulú. O seu adestramento inicial en artes marciais baseouse na esgrima, que máis tarde influíu nos aspectos do seu kajukenbo. Logo, Emperado interesouse polo kempo e acadou o cinto negro do quinto grao baixo dirección de William K. S. Chow.

No ano 1947, cinco artistas marciais, baixo a denominación "Sociedade de Cinto Negro" (Black Belt Society), reuníronse para elabora-lo sistema supremo de autodefensa. Eles foron: Peter E. Choo (tangsudo - kárate coreano), Frank Ordonez (jiu-jitsu), Joseph Holck (iudo), Adriano Emperado (kempo e esgrima), e Clarence Chang (wushu de Shaolin - "o boxeo chinés"). Ó cabo de dous anos, os cinco mestres marciais crearon un sistema que era moi eficaz en combates na rúa. Este sistema recibiu a súa denominación ("kajukenbo") a partir das primeiras letras dos catro estilos cos que se conformara.

A primeira escola do kajukenbo foi aberta en Asentamento de Palama, e dirixida por Emperado e o seu irmán, Joe. Para ser invencible nas rúas, os estudantes tiñan adestramento realista, brutal, e combatían co contacto pleno. As lesións eran diarias, e o número de estudantes na escola pronto diminuíu a uns cantos leais homes. A escola de Emperado formou a varios instrutores que tiveron éxitos e influíron na comunidade internacional de artes marciais: Sid Asuncion, Tony Ramos, Charles Gaylord, Aleju Reis, Joe Halbuna, Al Dacascos etc.

No ano 1959, Emperado comezou a incorporar wushu no sistema do kajukenbo, movendo a énfase dende o duro estilo do karate a unha combinación de técnicas duras e suaves.

O kajukenbo moderno utiliza a súa herdanza, pero coida da súa reputación como arte que estivo preparada para calquera combate na rúa.