Hadrián de Nicomedia
Hadrián de Nicomedia[1] ou santo Hadrián[1], coas variantes Adrián[1], Hadriano[1], Adriano[1], Adrao[1] e Adrán[1], foi un garda pretoriano do emperador Galerio Maximiano, convertido ao cristianismo foi martirizado en Nicomedia o 4 de marzo de 303. Segundo a tradición, mentres presidía a tortura dun grupo de cristiáns preguntoulles que agardaban recibir do seu Deus, eles replicaron: o que o ollo non viu, o que o oído non sentiu, e o que non pasou pola mente do home: iso prepara Deus para os que o aman (Corintios I 2:9). É o patrón dos soldados.
Hadrián de Nicomedia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 278 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 4 de marzo de 306 |
Lugar de falecemento | Nicomedia |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | oficial |
Pai | Probo |
Cónxuxe | Natalia de Nicomedia |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Impresionado pola forza na que se mantiñan na fe diante os tormentos, converteuse e fíxose bautizar, os seus compañeiros prendérono e levárono á cadea, onde foi torturado; a súa muller, Natalia de Nicomedia, que xa era cristiá sen el o saber, disfrazouse de home para se introducir na prisión e poder soster nos seus brazos ao seu home, antes de morrer decapitado.
Festa editar
- Calendario romano: 8 de setembro
- Calendario grego: 26 de agosto
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrián