Adrián Pérez Bote
Adrián Pérez Bote, nado en Vigo na década de 1990, é un estatístico e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1990 ![]() Vigo ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | estatístico ![]() |
Empregador | Instituto Nacional de Estatística ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Premios
|
Traxectoria
editarDespois de estudar no bacharelato no IES Politécnico de Vigo, licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela[1] e marchou vivir a Madrid. Alí tivo distintos traballos[1] relacionados con aprendizaxe automática e como científico de datos, ata que en 2023 aprobou co número 1 as oposicións ao corpo superior de Estatísticos do Estado, o que o levou a traballar no Instituto Nacional de Estatística, en Madrid.
En 2010, aínda como estudante, levou o segundo premio no Xaquina Trillo de relato curto, na categoría de entre 13 e 18 anos. E en 2023 obtivo o premio Terras do Chamoso de relato. En 2024 gañou[2] o premio Illa Nova de novela con Baixo o ceo de xeo, unha peza de ciencia ficción. Este premio leva aparellada a publicación da obra.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Adrián Pérez Bote". LinkedIn. Consultado o 14/7/2024.
- ↑ Valcárcel, Sara (2024-07-08). "Adrián Pérez Bote gaña o Premio Illa Nova con "Baixo o ceo de xeo"". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-14.