Adrián Bouza Campello

futbolista español

Adrián Bouza Campello, nado nas Pontes o 3 de marzo de 1980, é un futbolista galego. Xoga de defensa. Saíu da canteira do club da súa vila, As Pontes.

Modelo:BiografíaAdrián Bouza Campello
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1980 (45 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Altura1,89 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa

Debutou en 3ª división co seu club de formación, para logo recalar no Cerceda co que logrou o campionato de 3ª división e disputou 2 fases de ascenso a 2ª B, nas temporadas 2002-2003 e 2003-2004. Na súa 3ª e última campaña en Cerceda, o equipo remata na 6ª posición.

Cambia de aires e xoga 5 temporadas co Narón en 3ª División. Na temporada 2007-2008, o Narón queda en 3ª posición e xoga a fase de ascenso de 2ª B. NAs súas dúas últimas temporadas en Narón, o equipo queda na 5ª posición. Chega a temporada 2010-2011, e o lugar de destino é Carballo, para enrolarse no Bergantiños, quedan clasificados na posición 14.

Na temporada 2011-2012, enrólase no Dorneda, onde coincide co seu irmán máis novo Elmer, que na en xuño de 2010, decidía cambiar a camiseta do Bergantiños, pola do Dorneda, na busca do ascenso a 3ª división. Na tempada 2015-2016 está a xogar en Rexional Preferente no Laracha.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar