Adore
Adore é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins. Foi editado o 2 de xuño de 1998 a través do selo Virgin Records. Adore é o primeiro álbum de The Smashing Pumpkins que non conta co batería Jimmy Chamberlin.
Adore | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Smashing Pumpkins | ||||
Publicado | 2 de xuño de 1998 | |||
Gravación | decembro de 1997 - marzo de 1998 | |||
Estudio(s) | Sound City en Van Nuys, California | |||
Duración | 72:51 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, rock electrónico, rock gótico | |||
Selo(s) | Virgin | |||
Producido por | Billy Corgan, Brad Wood, Flood | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Adore marca un evidente cambio no son da banda, amosando máis influencias electrónicas e introducindo caixas de ritmos e sintetizadores en practicamente todos os temas.
Comercialmente quedou moi lonxe do éxito obtido polos dous discos anteriores da banda, Siamese Dream e Mellon Collie and the Infinite Sadness, vendendo unicamente 1,1 millóns de copias. Porén, recibiu boas críticas e incluso obtivo un nomeamento, á mellor actuación de música alternativa, nos premios Grammy de 1999.
Listaxe de canciónsEditar
Todos os temas escritos por Billy Corgan.
- "To Sheila" – 4:40
- "Ava Adore" – 4:20
- "Perfect" – 3:23
- "Daphne Descends" – 4:38
- "Once Upon a Time" – 4:06
- "Tear" – 5:52
- "Crestfallen" – 4:09
- "Appels + Oranjes" – 3:34
- "Pug" – 4:46
- "The Tale of Dusty and Pistol Pete" – 4:33
- "Annie-Dog" – 3:36
- "Shame" – 6:37
- "Behold! The Night Mare" – 5:12
- "For Martha" – 8:17
- "Blank Page" – 4:51
- "17" – 0:17
A edición xaponesa ten unha canción máis, "Once in a While", que aparece no corte 16, sendo "17" a derradeira canción ocupando o lugar do mesmo nome que o tema.