Adonis Estévez Rodríguez

político español

Adonis Estévez Rodríguez foi un comerciante e político galego.

Adonis Estévez Rodríguez
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Pedro Estévez Amil. Foi xuíz municipal de Ponteareas. Foi nomeado alcalde de Ponteareas por Real Orde e tomou posesión o 1 de xullo de 1909[1]. Permaneceu no cargo até 1912. Nese ano foi nomeado fiscal municipal de Ponteareas, renunciando ao cargo o ano seguinte. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Ponteareas. Nas municipais do 12 de abril de 1931 foi candidato a concelleiro, pero non resultou elixido[2].


Predecesor:
Benito Antón González
  
Alcalde de Ponteareas
 
1909 - 1912
Sucesor:
Manuel Outerelo González

Vida persoal editar

Casou con Pura Mora en 1905[3]. E en segundas nupcias con Elena Fernández Rodal en 1927[4].

Notas editar

  1. El Tea, 3-7-1909, p. 2-3.
  2. El Tea, 23-4-1931, p. 1.
  3. La Correspondencia Gallega, 15-11-1905, p. 2.
  4. El Tea, 13-4-1927, p. 3.