Adiantum raddianum

especie de fento

Adiantum raddianum tamén coñecida cos nomes vulgares de coantriño, cuadrillo ou cabelo de venus[1] é unha especie de fento de orixe americana pertencente á familia Pteridaceae. É un dos fentos máis populares para cultivo coma planta de interior[2][3] Aseméllase moito á especie europea capilaria (Adiantum capillus-veneris), coa que ás veces se confunde, a diferenza está na marxe das follas, na capilaria son máis dentadas.

As frondes son triangulares, semierectas no inicio, curvándose á medida que envellecen, podendo atinxir 8 cm de longo e 6 cm de largura[4].

Hábitat editar

Paredes de rocha sombrías e húmidas, fendas, cantís e cavorcos ao longo de ríos e fervenzas.

Distribución editar

Orixinaria de América do Sur tropical, espallouse polos seres humanos grazas ao seu valor decorativo a outras zonas como Hawai, África tropical e incluso á Europa atlántica (Holanda, Azores, Madeira, Galicia...)

Taxonomía editar

A especie foi descrita por Carl Bořivoj Presl e publicada en Tentamen Pteridographiae 158. 1836., no ano de 1836.[5]

Non se encontra protexida pola lexislación europea.

Sinonimia editar

Segundo The Plant List, esta especie ten os seguintes sinónimos:[6]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Moitos dos nomes comúns desta planta confúndense cos da especie Adiantum capillus-veneris, a capilaria, fento moi semellante, común en Galicia. Ningún dicionario galego ten esta especie recollida, polo que a entrada de preferencia é o nome científico
  2. Adiantum raddianum (delta maidenhair fern)back, CABI.
  3. Adiantum raddianum, Missouri Botanical Garden.
  4. Adiantum raddianum, NC Cooperative Extension.
  5. {{subst:PAGENAME}} - Tropicos
  6. The Plant List (2010). Version 1. Published on the Internet; http://www.theplantlist.org/ Arquivado 23 de maio de 2019 en Wayback Machine. (accessed 1st January).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar