Ad Astra é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido por James Gray. Está protagonizado por Brad Pitt, Tommy Lee Jones, Ruth Negga, Liv Tyler e Donald Sutherland, e conta a historia dun astronauta que vai a espazo na procura do seu pai perdido, cuxo experimento ameaza o Sistema Solar.

Ad Astra
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalAd Astra
DirectorJames Gray
Produtor
Guión
Intérpretes
Música
FotografíaHoyte van Hoytema
Montaxe
  • John Axelrad
  • Lee Haugen
Estudio
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFestival de Venecia: 29 de agosto de 2019
Duración124 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción
Orzamento80–100 millóns de dólares[2]
Recadación132,8 millóns de dólares[3]
Na rede
https://www.foxmovies.com/movies/ad-astra
IMDB: tt2935510 Filmaffinity: 307333 Allocine: 247520 Rottentomatoes: m/ad_astra Mojo: adastra Allmovie: v693027 TCM: 2134438 Metacritic: movie/ad-astra
Facebook: AdAstraMovie Twitter: adastramovie Instagram: adastramovie Editar o valor em Wikidata

O proxecto foi anunciado a comezos de 2016, con Gray declarando que quería facer "a representación máis realista dunha viaxe espacial que xamais fose feita nun filme". Pitt asinou como protagonista en abril de 2017 e o resto do elenco uniuse a finais dese ano. A rodaxe comezou nos Ánxeles no mes de agosto, durando até outubro.

Ad Astra estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia o 29 de agosto de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos o 20 de setembro de 2019 a través de 20th Century Fox.[4] Recibiu valoracións postivas por parte da crítica, que eloxiou a interpretación de Pitt e os efectos visuais, recadando 133 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de 80–100 millóns de dólares.[5] Na 92ª edición dos Óscar, o filme foi nomeado ó mellor son.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Ad Astra". Festival Internacional de Cinema de Venecia. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 6 de agosto de 2019. 
  2. D'Alessandro, Anthony (22 de setembro de 2019). Deadline Hollywood, ed. "Big Screen Take On TV Series ‘Downton Abbey’ Is A Hit With $31M+ Opening, Reps Record For Focus Features – Sunday Final". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 22 de setembro de 2019. 
  3. Box Office Mojo (ed.). "Ad Astra (2019)". IMDb. Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  4. Pallotta, Frank (20 de setembro de 2019). "'Ad Astra' could be the hit that 20th Century Fox desperately needs". CNN. Consultado o 21 de outubro de 2019. 
  5. Zack Sharf (29 de agosto de 2019). IndieWire, ed. "Brad Pitt's Stellar 2019 Continues as Critics Praise 'Ad Astra' Performance in First Reviews". Penske Media Corporation. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar