Acuario (astroloxía)

décimo primeiro signo astrolóxico do zodíaco

Acuario[1] (♒︎) é o undécimo signo astrolóxico do zodíaco, o sexto de natureza positiva e o cuarto de calidade fixa, xunto con Touro, León e Escorpión.[2][3] Simboliza a revolución e o seu símbolo representa a sabedoría no ser. O signo está representado polo carrexador de auga, xa que na antiga Sumeria este era un símbolo da difusión da sabedoría (a auga); pertence xunto a Xémini e Libra ó elemento ar.[4] O seu signo oposto é León.[5] Acuario foi tradicionalmente gobernado polo planeta Saturno, mais dende o descubrimento do planeta Urano, este considerouse o seu rexente. Ó ser o décimo primeiro signo do zodíaco, Acuario asóciase coa 11.ª casa astrolóxica.

Acuario
Aquarius.svg
Aquarius2.jpg
Símbolo zodiacalO carrexador de auga
Duración (Tropical)20 de xaneiro - 18 de febreiro (2020, UTC)
Duración (Sideral, hindú)14 de febreiro - 14 de marzo (2020, UTC)
ConstelaciónAcuarioº
ElementoAr
Calidade zodiacalFixo
DomicilioUrano e Saturno
DetrimentoSol
ExaltaciónPlutón
CaídaNeptuno
editar datos en Wikidata ]

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acuario.
  2. Kwak, Hyokjin; Jaju, Anupam; Zinkhan, George M. (2015). Spotts, Harlan E., ed. "Astrology: Its Influence on Consumers’ Buying Patterns and Consumers’ Evaluations of Products and Services". Proceedings of the 2000 Academy of Marketing Science (AMS) Annual Conference. Developments in Marketing Science: Proceedings of the Academy of Marketing Science (en inglés) (Springer International Publishing): 95. ISBN 9783319118857. doi:10.1007/978-3-319-11885-7_25. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  3. Campagnola, Katarina (2010). Astrology in the field of psychology: A study on Jung's typology and the four astrological elements. p. 16. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  4. Mitchell, V.-W. (1995). "Using astrology in market segmentation". Management Decision (en inglés): 53. ISSN 0025-1747. doi:10.1108/00251749510075383. Consultado o 14 de novembro de 2019. 
  5. Silverman, Bernie I. (1 de marzo de 1971). "Studies of Astrology". The Journal of Psychology 77 (2): 141–149. ISSN 0022-3980. doi:10.1080/00223980.1971.9916861. Consultado o 15 de novembro de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar